A Axencia Estatal de Meteoroloxía informa dunha alerta laranxa por chuvias en curso na zona das Rías Baixas de Pontevedra que remitirá contra as últimas horas da xornada de hoxe.
Cómpre mencionar que, no día de hoxe, hai activo un aviso amarelo por tormentas e chuvia que afecta ao Suroeste da Coruña, á zona de montaña e sur de Lugo así como ás provincias de Pontevedra e Ourense na súa totalidade.
O aviso amarelo por tormentas continuará no día de mañá en Pontevedra e Ourense, ao igual que na zona sur de Lugo.
As chuvias poden ser intensas (máis de 30 litros por metro cadrado nunha hora). Recoméndase extremar a precaución.













