• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Carballo une investigación, praia e bares no novo programa de divulgación Sol x Ciencia

A iniciativa, inspirada no exitoso modelo do festival Pint of Science, levará catro charlas científicas de balde a Baldaio e Razo no mes de xullo

David Por David
15/06/2026
en #Destacado
0
Carballo une investigación, praia e bares no novo programa de divulgación Sol x Ciencia
FacebookXWhatsApp

Tras o éxito recolleito polo festival Pint of Science, o Concello de Carballo dá un paso máis este verán e traslada o coñecemento directamente ás praias. Baixo o título «Sol x Ciencia», a Concellaría de Innovación presenta un ciclo de divulgación que fusiona o encanto dos solpores carballeses coa divulgación científica de primeiro nivel, tomando como fío condutor a eclipse solar do vindeiro 12 de agosto.

O nome do programa agocha unha dobre lectura: por unha banda, evoca conceptualmente a maxia do solpor, o momento da tarde no que se desenvolverán as charlas; pola outra, emprega a «x» como o símbolo matemático e científico do misterio por resolver.

As citas, enmarcadas na European Researchers’ Night (Noite das persoas investigadoras), terán lugar en Baldaio e Razo a partir das 20:30 horas. Todas as actividades son de acceso libre e de balde, e, seguindo o modelo do festival de divulgación científica nos bares celebrado en maio, entre charla e charla haberá concursos e sorteos.

Programa de actividades

Luns, 20 de xullo | Camping Baldaio (20:30 h)

  • Isabel Lema Gesto – A eclipse a través dos teus ollos: mirar o sol de xeito seguro. A carballesa Isabel Lema Gesto é profesora titular da área de Oftalmoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Conta cunha destacada traxectoria como investigadora no campo das neurociencias clínicas e a patoloxía do sistema visual. Na súa intervención achegará as claves médicas para gozar da eclipse protexendo a saúde ocular.

  • César González García – Ceos de pedra: eclipses na historia e na cultura. Doutor en Astrofísica e prestixioso investigador do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). O seu labor investigador céntrase na Astronomía na Cultura e na Arqueoastronomía, estudando como as diferentes civilizacións humanas ao longo da historia interpretaron e plasmaron os fenómenos celestes e as eclipses.

Mércores, 29 de xullo | Terra Bar – Razo (20:30 h)

  • Begoña Nicolás Ávila – Cando un aliñamento dos astros non é suficiente. Profesora e investigadora na área de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela (USC), tamén carballesa. Como especialista en física e na mecánica de corpos celestes, descubrirá ao público a precisión matemática e as variables que rexen os movementos dos astros do noso sistema solar.

  • Óscar Blanco Varela – A eclipse da nosa vida. Director do Centro Astronómico Trevinca, un dos puntos de referencia para a observación estelar en Galicia. Recoñecido astrofotógrafo e divulgador astronómico, Blanco guiará aos asistentes a través dunha viaxe visual e conceptual sobre a magnitude e a singularidade histórica que supón presenciar un eclipse total de sol.

Esta aposta por democratizar o coñecemento en contornas relaxadas e fóra dos ámbitos académicos tradicionais conta co selo do Proxecto Talento km0 (TALK0), promovido pola Concellaría de Innovación do Concello de Carballo e financiado pola Unión Europea dentro do programa MSCA and Citizens. Grazas a esta iniciativa, as praias de Carballo convértense este verán no escenario idóneo para aprender a mirar ao ceo e descubrir a ciencia que se agocha detrás dos grandes fenómenos astronómicos.

Etiquetas: carballo
ShareTweetSend
Publicación anterior

A Coruña abre o prazo de inscrición para as novas formacións gratuítas do programa de emprego Éfeso

Siguiente

Vigo iniciará no verán a humanización das rúas Soutomaior e Tomiño

David

David

Relacionado Entradas

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial
#Destacado

El TSXG ratifica que el Concello de Ourense y el alcalde deben indemnizar a la exjefa de Comercio con 48.685 euros por daños morales e incapacidad temporal

La madrugada deja de ser la franja más barata: las olas de calor encarecen un 30,6% el precio de la luz
#Destacado

La madrugada deja de ser la franja más barata: las olas de calor encarecen un 30,6% el precio de la luz

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano
#Destacado

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano

Abierto el período de inscripciones para poder participar en las actividades de la Fiesta de la Anunciada 2026
#Destacado

Abierto el período de inscripciones para poder participar en las actividades de la Fiesta de la Anunciada 2026

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres
#Destacado

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo
#Destacado

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo

Siguiente
Vigo iniciará no verán a humanización das rúas Soutomaior e Tomiño

Vigo iniciará no verán a humanización das rúas Soutomaior e Tomiño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 22/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial

El TSXG ratifica que el Concello de Ourense y el alcalde deben indemnizar a la exjefa de Comercio con 48.685 euros por daños morales e incapacidad temporal

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.