• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Ferrol celebra o seu 300 aniversario como Departamento Marítimo cunha xura de bandeira para persoal civil

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Vicente Rubio Bolívar, presentaron hoxe este acto ‘de fonda carga simbólica e emocional’. As persoas que desexen participar poderán inscribirse na Oficina Delegada de Defensa en Ferrol ou descargar a solicitude a través de internet

David Por David
22/05/2026
en #Destacado, Sociedad
0
Ferrol celebra o seu 300 aniversario como Departamento Marítimo cunha xura de bandeira para persoal civil
FacebookXWhatsApp

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, e o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol, Vicente Rubio Bolívar, presentaron esta mañá no pazo municipal a xura de bandeira para persoal civil que a Armada organiza, en colaboración co Concello, con motivo do 300 aniversario de Ferrol como Departamento Marítimo.

A praza de Armas é o escenario elixido para un acto “de fonda carga simbólica e emocional”, tal e como expresou o alcalde, no que os cidadáns poderán expresar publicamente o seu compromiso coa nación. O acto celebrarase o 20 de xuño ás 12:00 horas e aquelas persoas que desexen participar poderán inscribirse na Oficina Delegada de Defensa en Ferrol (rúa Cuntis 26, baixo) ou descargar a solicitude a través deste enlace.

Cómpre destacar que se habilitarán zonas para que a cidadanía poida desfrutar deste evento único no que, quen o desexe, poderá “representar o seu vínculo cos valores constitucionais e coa propia nación española”, declarou o Almirante.

Esta cita enmárcase no 300 aniversario da cidade, cando “hai tres séculos, no ano 1726, a decisión de establecer aquí un dos principais departamentos marítimos da Coroa marcou para sempre o destino desta cidade e, a partir dese momento, Ferrol deixou de ser só un enclave costeiro para converterse nun dos grandes centros estratéxicos e navais de España”, rememorou o alcalde. “As infraestruturas militares e civís non só transformaron a paisaxe urbana, senón tamén a alma desta cidade e a Armada desempeñou, e segue a facelo, un papel fundamental nesta historia, como motor económico e social”, engadiu.

Neste contexto, “queremos celebrar este aniversario, que é moito máis que unha efeméride histórica, con toda a cidadanía”, manifestou Rey Varela. Trátase dunha “oportunidade para mirar atrás con orgullo e, ao mesmo tempo, saudar a un futuro que xa está aquí e no que Ferrol seguirá sendo referencia naval e militar”.

  • Únete á nosa canle de Whatsapp para recibir notificacións de interese

Así mesmo, o alcalde agradeceu á Armada por poñer en marcha esta iniciativa e polo seu “compromiso continuo” con Ferrol, que queda patente co seu respaldo aos grandes proxectos de cidade. Un agradecemento que fixo extensivo ao Almirante Xefe, cuxa implicación e apoio resultan fundamentais para facer posible unha celebración desta envergadura.

Pola súa banda, o Almirante agradeceu ao alcalde e ao Concello de Ferrol a “magnífica oportunidade que nos ofrecéchedes para realizar esta xura fóra das instalacións militares e no marco incomparable da praza de Armas, o corazón da cidade”. Trátase dun “acto militar, solemne que permite aos cidadáns expresar a súa fidelidade e lealdade a España a través do maior signo da nación que é a bandeira, polo que animo a toda a cidadanía a participar neste acto”, engadiu. Para elo, lembrou que o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 10 de xuño e que haberá un cupo máximo de 250 xurandos, cifra que pode ser susceptible de ampliación en caso de que a demanda así o requira.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo, cidade española co maior número de nenas e nenos saharauís acollidos este verán

Siguiente

El Tribunal de Instancia de Santiago lidera la creación de un grupo de trabajo para abordar las situaciones de maltrato a personas mayores

David

David

Relacionado Entradas

Dúas persoas quedan atrapadas nun turismo tras colidir cun camión en Aranga
#Destacado

Dúas persoas quedan atrapadas nun turismo tras colidir cun camión en Aranga

Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore
#Destacado

Falece un home ao envorcar o seu tractor no Porriño

La Asociación Provincial de Amas de Casa cumple 60 años
#Destacado

Recuperado el cadáver de un hombre al norte de la Torre de Hércules en A Coruña

El Tribunal de Instancia de Santiago lidera  la creación de un grupo de trabajo para abordar  las situaciones de maltrato a personas mayores
#Destacado

El Tribunal de Instancia de Santiago lidera la creación de un grupo de trabajo para abordar las situaciones de maltrato a personas mayores

Vigo, cidade española co maior número de nenas e nenos saharauís acollidos este verán
#Destacado

Vigo, cidade española co maior número de nenas e nenos saharauís acollidos este verán

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial
#Destacado

O concello de Ourense aprobou 29 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

Siguiente
El Tribunal de Instancia de Santiago lidera  la creación de un grupo de trabajo para abordar  las situaciones de maltrato a personas mayores

El Tribunal de Instancia de Santiago lidera la creación de un grupo de trabajo para abordar las situaciones de maltrato a personas mayores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Viernes 22/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Pelotazo urbanístico en el Agra do Orzán

Pelotazo urbanístico en el Agra do Orzán

Al final del pleno en el que se aprobó un nuevo pelotazo urbanístico en la city coruñesa veíamos a Inés...

Por Interés

Últimas

Fátima Pego y David Expósito actuarán en las Fiestas del Buen Suceso de Fisterra

Fátima Pego y David Expósito actuarán en las Fiestas del Buen Suceso de Fisterra

Dúas persoas quedan atrapadas nun turismo tras colidir cun camión en Aranga

Dúas persoas quedan atrapadas nun turismo tras colidir cun camión en Aranga

Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore

Falece un home ao envorcar o seu tractor no Porriño

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.