O Concello de Malpica xunto coas asociacións súmase á celebración das Letras Galegas cun programa cheo de actividades culturais para todos os públicos, poñendo en valor a nosa lingua, a literatura e a identidade galega.
Ao longo destes días, poderedes gozar de presentacións literarias, contacontos, teatro, música e actos conmemorativos como a ofrenda ás Pandeireteiras de Mens, nunha programación que mestura tradición e creación contemporánea.
Cultura e letras para todos os públicos! Non o perdas!













