• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG considera insuficiente e decepcionante o anteproxecto da nova Lei de Administración Local de Galiza

Insua afirma que a veciñanza non aprezará ningún beneficio porque, ao non aumentar o financiamento, non haberá melloras nos servizos básicos

David Por David
22/03/2026
en GALICIA
0
O BNG considera insuficiente e decepcionante o anteproxecto da nova Lei de Administración Local de Galiza
FacebookXWhatsApp
Oscar Insua considera insuficiente o anteproxecto da nova Lei de Administración local de Galiza sometida ao trámite de audiencia e información pública o pasado mes de febreiro e asegura que resultou ser un texto «decepcionante», tendo en conta as expectativas xeradas nos últimos anos, despois de que a o goberno galego realizase congresos, encargase estudos e elaborase informes con expertos co fin de renovar a vella lei do ano 1997 e adaptala ás demandas actuais das entidades locais, recollidas nos relatorios da última asemblea da FEGAMP no ano 2023.
A proposta lexislativa cumpre de forma estricta o mandato centralizador do Estado das últimas reformas da normativa local española, que homoxeneizan tanto a estrutura territorial e administrativa, como as competencias municipais. O portavoz de Administración Local do BNG no Parlamento advirte que o PP pretende eliminar as entidades locais propias de Galiza recoñecidas no Estatuto de autonomía,—comarcas e parroquias— e potencia e consolida as provincias como salvavidas dos concellos, cando estas entidades políticas seguen a manter un déficit de lexitimidade democrático, xa que carecen dun sistema de elección directa dos seus membros polos electores e aos que ademais tampouco lles renden contas.
«Outra vez máis, Rueda antepón os intereses do centralismo uniformador aos dos concellos galegos», declarou Insua, aclarando que o anteproxecto está elaborado «sen ter en conta a nosa realidade diferencial e sen vontade de resolver os actuais problemas municipais cun enfoque propiamente galego»
O anteproxecto é para o deputado «unha fuxida cara adiante» do goberno galego, pois segue sen solucionar os conflitos existentes arredor das competencias entre as distintas administracións, e tampouco soluciona o problema do infrafinanciamento dos concellos, que seguirán sen consolidar a tan aclamada autonomía local recoñecida na carta europea de 1985, debido principalmente á falla de capacidade financeira. «Cando un concello non teña capacidade de xestionar un servizo mínimo obrigatorio, a Xunta solucionarao usurpándolle a autonomía local e traspasándolla á Deputación, que deberá asegurar a prestación do mesmo». En definitiva, «non consolida a autonomía local, senón que a substituirá por outra, a da Deputación»
Advirte que o sistema de financiamento local segue sen avanzar con esta norma, máis alá de fixar uns novos criterios de reparto do fondo de cooperación local nunha norma con rango de lei, pois este seguirá sen aumentar de forma significativa cos 20 millóns de euros de incremento anunciados, que non servirán para desafogar as economías municipais.
Ademais, engade que o montante global seguirá a decidilo o goberno galego a través da lei de orzamentos, polo que non se asegura e blinda unha cantidade porcentual respecto dos orzamentos xerais. «As cantidades de financiación incodicionada que destina tanto a Xunta de Galiza como as Deputacións, non chegan ao 25% dos seus orzamentos», agás a da Deputacion da Coruña que destina o 35%.  Subliña que, dos 740 M€ que a Xunta dedica ás entidades locais no 2026, só transferirá ao Fondo de Cooperación Local 187 M€, o 75% restante canalizarao mediante convocatorias de axudas e convenios, polo que os avances son mínimos e insuficientes.
«Sen mellora do financiamento local, non poderán implementarse melloras nos servizos básicos polo que a veciñanza non apreciará ningún beneficio coa aprobacion desta lei», recalcou, o deputado nacionalista, apuntando que «continuar mantendo as liñas de axudas para que os concellos poidan seguir prestando algún servizo, son a evidencia de que os concellos non teñen suficiencia financieira para sostelos,porque, do contrario, eliminaríaas»
Submisión total do PP ás directrices da lexislación estatal
Para o BNG, estamos diante dun anteproxecto que expresa á perfección a «submisión total do executivo galego ás directrices harmonizadoras da lexislación estatal», homologando a Galiza con calquera outra comunidade española, cando temos realidades distintas. O actual Estatuto de Autonomía ofrece ferramentas para articular unha reestruturación da organización territorial local que o goberno galego rexeita, amparándose na Deputación e en entidades supramunicipais que ata o momento non serviron para solucionar de forma eficaz e eficiente os problemas que plantean os concellos.
O deputado nacionalista considera que debemos partir dunha concepción integral de País, definindo e concretando que servizos públicos debe prestar cada administración, as obrigas e funcións a desenvolver e que recursos van a financialos. «Seguen a atribuír competencias xenéricas e imprecisas, sabendo que os problemas seguen a ser os mesmos», critica, e pon exemplos: ¿que abrangue a conservación e mantemento dos edificios de titularidade local destinados a centros públicos de educación infantil ou primaria? Quen  está obrigado a cambiar as fiestras, as portas, os baños ou o tellado dese centro, a Consellería ou os concellos?» «Seguimos igual sen concretar as competencias», subliña.
Dende o BNG non imos apoiar unha norma que obvia a análise real da situación actual dos concellos, mais temos unha oportunidade para facer unha lei que lles ofreza solucións dende unha perspectiva propiamente galega, que a lexitima tanto o Estatuto como a Lei de Bases do Réxime Local. «A Xunta de Galiza e a Deputación teñen que transferir moitos máis cartos dos que están a dar aos concellos, se non, que asuman eles os servizos públicos, como o SAF a dependentes, un servizo que baixo ningún concepto debe ser financiado por un concello», conclúe.
ShareTweetSend
Publicación anterior

Paula Prado enxalza a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá

Siguiente

O PPdeG na Fegamp pide liberdade para que os concellos usen os incrementos da Participación nos Ingresos do Estado

David

David

Relacionado Entradas

El Ministerio activa en Galicia su portal digital para hacer trámites judiciales
#Destacado

Condenan a 20 años de cárcel al autor del asesinato de un joven en Salceda de Caselas

Condenan a tres años y ocho meses de cárcel al dueño de una explotación ganadera por intentar matar a su socio
#Destacado

Condenan a tres años y ocho meses de cárcel al dueño de una explotación ganadera por intentar matar a su socio

El Foro de Empleo del Polígono San Cibrao reúne a 25 participantes
#Destacado

El Foro de Empleo del Polígono San Cibrao reúne a 25 participantes

El ‘Eurojackpot’ de la ONCE deja en Vigo más de 310.000 euros
#Destacado

El Cupón Diario de la ONCE reparte en Vigo 175.000 euros

La Audiencia de Ourense condena a tres años de cárcel a una mujer por estafar 89.000 euros
#Destacado

La Audiencia de Ourense condena a tres años de cárcel a una mujer por estafar 89.000 euros

AEMPE y AGAFAN firman un convenio para impulsar el consumo local y apoyar a las familias numerosas
#Destacado

AEMPE y AGAFAN firman un convenio para impulsar el consumo local y apoyar a las familias numerosas

Siguiente
O PPdeG na Fegamp pide liberdade para que os concellos usen os incrementos da Participación nos Ingresos do Estado

O PPdeG na Fegamp pide liberdade para que os concellos usen os incrementos da Participación nos Ingresos do Estado

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

14:00 - 22:00
Continuidad
A continuación: Superdanze 22:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 09/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder Ahora
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

  En el PP están acogotados, no se fían de Pedro Sánchez, lo creen capaz de organizar un pucherazo electoral...

Por Interés

Últimas

Tres trens, parados debido a presenza dunha persoa nas vías en Vilagarcía

Tres trens, parados debido a presenza dunha persoa nas vías en Vilagarcía

El Ministerio activa en Galicia su portal digital para hacer trámites judiciales

Condenan a 20 años de cárcel al autor del asesinato de un joven en Salceda de Caselas

Condenan a tres años y ocho meses de cárcel al dueño de una explotación ganadera por intentar matar a su socio

Condenan a tres años y ocho meses de cárcel al dueño de una explotación ganadera por intentar matar a su socio

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.