• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Goberno pon a disposición de Galicia todos os medios para os incendios forestais

O delegado destacou a total colaboración do Goberno de España coa Xunta poñendo á súa disposición preto de 4.000 efectivos, unha decena de medios aéreos, 30 drons e o sistema de vixilancia por satélite

David Por David
25/06/2026
en #Destacado, Política
0
O Goberno pon a disposición de Galicia todos os medios para os incendios forestais
FacebookXWhatsApp

O delegado do Goberno, Pedro Blanco, reafirmou na reunión constitutiva do Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) que o Goberno porá á disposición de Galicia todos os medios do Estado necesarios para a prevención e extinción de incendios forestais. O delegado participou nesta xuntanza, que marca a pauta para a defensa do monte durante a campaña de alto risco de lumes, coa asistencia dos conselleiros de Presidencia e Medio Rural e distintos representantes dos Ministerios do Interior, Transición Ecolóxica e Defensa.

Pedro Blanco certificou no encontro o compromiso do Goberno de España coa Xunta de Galicia na loita contra o lume a través de medios humanos, aéreos e tecnolóxicos que ofrece desde hoxe e que se estenderán, en moitos casos, ata o mes de outubro. En total, o dispositivo comprometido polo Goberno ofrece preto de 4.000 efectivos entre a Unidade Militar de Emerxencias (UME), Garda Civil, Brigada de Reforzo de Incendios Forestais (BRIF) de Laza e equipos de prevención integral (EPRIF), Terzo Norte da Armada e Exército de Terra, Garda Civil e Policía Nacional.

Ao igual que en anos anteriores, haberá unha decena de aeronaves, entre avións, helicópteros, avións lixeiros e de recoñecemento, que se despregarán ao longo do verán e que permanecerán ata o 31 de outubro nalgúns dos casos. No que respecta aos medios tecnolóxicos, indicou que ademais dos 30 drons que participarán na vixilancia dos montes estará dispoñible o dron de ataque terrestre da UME. Xunto a eles, a Xunta poderá facer uso das imaxes do sistema Copérnico de vixilancia por satélite a través da Dirección Xeral de Protección Civil do Ministerio do Interior.

Aínda que este é o despregamento inicial, o delegado insistiu en que o Goberno deseñou unha campaña de ámbito nacional na que a resposta é coordinada e única, e se fose necesario, os medios despregados noutras comunidades trasladaríanse a Galicia.

Como novidade nesta campaña do 2026, dous equipos de extinción de Bulgaria desprazaranse a Galicia para colaborar e recoller información, ao tempo que se estrean este verán vehículos de intervención aérea e terrestre da UME. Trátase de 10 vehículos pesados de intervención (VPI) e 25 vehículos medios de intervención (VMI) para intervencións en misións loxísticas e operativas.

Neste senso, a UME contará tamén con catro novas máquinas automotrices tele-operadas para misións de ataque indirecto e un guindastre loxístico para recuperacións. Dentro destas adquisicións cobra especial importancia o SVMAC, dron terrestre con autonomía de oito horas que permite realizar labores de roza preto das chamas.

En paralelo, ultímanse coa Xunta os detalles da ‘Operación Centinela Gallego’ e preséntanse actualizacións a nivel normativo coa nova Directriz Básica de Incendios Forestais de Protección Civil, que ten por finalidade, en esencia, establecer os criterios mínimos comúns que han de seguir as distintas Administracións públicas na elaboración dos correspondentes plans especiais de protección civil, dentro dos seus respectivos ámbitos territoriais e competenciais.

Ademais, desde este curso lectivo, o Goberno pon en práctica o Plan de Formación ante Emerxencias, “dinamizando unha sociedade concienciada na prevención”. Consta de material didáctico para que o profesorado de todas as comunidades podan facer uso del nas aulas, con información e contidos que educan nos perigos e realidades que provoca a emerxencia climática en Galicia e en toda España.

Agradecemento aos profesionais

Pedro Blanco aproveitou a ocasión e o comezo da tempada de perigo no eido natural galego para destacar o “enorme labor dos servidores públicos de todas as Administracións na loita contra o lume e a defensa do monte”. O delegado salientou que o seu esforzo, valentía e arroxo “son o orgullo de Galicia e teñen a total gratitude tanto do Goberno como deste delegado”.

Fixo extensivo ese agradecemento aos asistentes á reunión por parte dos diferentes ministerios, nomeadamente o subdirector Xeral Adxunto Operativo de Emerxencias del Ministerio del Interior, Rubén Sande; a subdirectora Xeral de Política Forestal e Loita contra la Desertificación do Ministerio para a Transición Ecolóxica, Elsa Enríquez; a xefa de Protección Civil da Delegación do Goberno, María Dolores Gómez; a xefa de servicio del área contra incendios forestais do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto demográfico, Elena Hernández; o xefe da Área Operativa de la Dirección Xeral de Protección Civil, Julio Francisco González; o xefe de operacións do V Batallón da UME en León, o comandante Ricardo de la Vega; o xefe Superior de Policía de Galicia, Pedro Pacheco, e o coronel xefe interino da 15 Zona da Gardia Civil, Luis Germán Avilés.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El Aeropuerto de Vigo recibe la visita de más de 1.500 escolares y docentes

Siguiente

Las naves industriales son el objetivo preferido de los delincuentes en verano

David

David

Relacionado Entradas

ap9
#Destacado

La AP-9 entra en una nueva fase: esto es lo que puede pasar con los peajes que pagan los gallegos

Temporal Costero en Galicia
#Destacado

AEMET pone a Galicia en alerta: llegan tormentas, granizo y fuertes rachas de viento

letrero se alquila en asturias
#Destacado

Vivienda en Galicia: quién tiene pisos, cuánto cuesta alquilar y qué puede cambiar ahora

manifestacion vivienda vigo
#Destacado

Vigo ejecuta cuatro desahucios a la semana: la mayoría son por no poder pagar el alquiler

tren avril talgo
#Destacado

Los trenes Avril llegan al Eje Atlántico: así cambiarán los viajes entre Vigo, Santiago y A Coruña desde el 15 de octubre

bloque viviendas galici
#Destacado

El mapa de la vivienda en Galicia: el 40 % está en manos de propietarios con varias casas

Siguiente
Las naves industriales son el objetivo preferido de los delincuentes en verano

Las naves industriales son el objetivo preferido de los delincuentes en verano

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Lunes 05/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

ap9

La AP-9 entra en una nueva fase: esto es lo que puede pasar con los peajes que pagan los gallegos

Temporal Costero en Galicia

AEMET pone a Galicia en alerta: llegan tormentas, granizo y fuertes rachas de viento

letrero se alquila en asturias

Vivienda en Galicia: quién tiene pisos, cuánto cuesta alquilar y qué puede cambiar ahora

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.