O accidente ocorreu un cuarto de hora antes das 14:00. Segundo lle indicou un particular ao 112 Galicia, producírase unha colisión frontal entre un turismo e un camión bañeira, co condutor do coche inconsciente tralo impacto. Foi no quilómetro 127 da N-550, na parroquia de Salcedo.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra.
A dotación de bombeiros tivo que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor do turismo, único ocupante do vehículo. Non se rexistraron máis feridos.













