O señor é veciño de Vila de Cruces, concretamente na parroquia de Camanzo. A súa familia viuno por última vez onte pola tarde e, contra a noitiña, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda porque non daban con el.
Deste xeito, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informaron aos axentes da Garda Civil, que comezaron un operativo de busca ata a madrugada coa colaboración de Protección Civil.
Sen embargo, foi esta mañá, pasadas as nove, cando un voluntario atopou o señor nun souto preto da vivenda. Presentaba síntomas de hipotermia, polo que foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago.













