• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación ao público que organizou a firma de moda xuvenil.

David Por David
19/06/2026
en A Coruña, Cultura
0
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas
FacebookXWhatsApp

A Galería Belmonte, en Madrid, acolleu hoxe, xoves 18 de xuño, o acto de presentación da colección cápsula ‘Encaixe de Camariñas x Pull&Bear’, que nace a través dunha unión histórica entre o Concello e a firma Pull&Bear e que permite consolidar o encaixe como elemento de vangarda na moda actual.

A alcaldesa, Sandra Insua; a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro; e a directora da Mostra, Dolores Lema; estiveron presentes no acto no que se deu a coñecer esta nova colección que se fai realidade despois de moitos meses de traballo de todas as partes: Concello, palilleiras e Pull&Bear.

“O encaixe de Camariñas está de moda. Non é un eslogan nin unha frase feita, é unha realidade que hoxe, aquí, queda máis que demostrada formando parte dunha colección moderna dunha das cadeas internacionais de moda xuvenil máis importantes do mundo”, salientou Sandra Insua.

“Estou moi contenta, estamos dando un paso de xigante dentro da nosa estratexia para posicionar o encaixe como elemento de vangarda dentro da moda actual”, destacou a rexedora, que lembrou que “nunca deixamos de traballar, comezamos colaborando con Zara Home e agora damos o salto á moda xuvenil da man de Pull&Bear”. “Pode que sexa o comezo de algo economicamente importante para a economía e a artesanía local”, expresou.

Agradeceu “ao departamento da Mostra polo o traballo que fai todo o ano para que este tipo de proxectos se poidan levar a cabo, a Pull&Bear por confiar en nós e por levar o noso encaixe ao máis alto e, como non, ás palilleiras, porque sen elas nada disto tería sentido, por ser as gardiáns e as creadoras dun tesouro que hoxe brilla como nunca”.

Segundo explican desde Pull&Bear, esta é “unha cápsula exclusiva de edición limitada que nace como homenaxe á tradición téxtil galega e á icónica artesanía do encaixe. Inspirada na mestría das palilleiras e na riqueza artesanal de Camariñas, a colección traduce o saber facer deste legado nunha proposta de verán depurada, minimalista e profundamente contemporánea”.

As prendas da colección poderán mercarse de xeito presencial, desde hoxe ata o domingo 21 de xuño, na pop up instalada na Galería Belmonte ou en pullandbear.com a partir de mañá, venres 19 de xuño.

‘Encaixe de Camariñas x Pull&Bear’

Camariñas non utiliza a artesanía como ornamento; convértea en estrutura. Puntillas, bordados, motivos de encaixe e terminacións festoneadas articulan cada deseño e funcionan como eixe conceptual e técnico da colección. Estes elementos intégranse en siluetas limpas e estudadas: tops de colo halter de inspiración lenceira, conxuntos relaxados de liñas fluídas, pantalóns amplos e un vestido midi asimétrico que se posiciona como peza central. O resultado é un diálogo preciso entre herdanza e modernidade, entre o manual e o esencial.

A paleta cromática reforza esta narrativa con brancos rotos e tons crús que potencian a textura dos tecidos e o relevo dos bordados. A luz convértese en aliada, revelando transparencias sutís e xogos de capas que achegan profundidade visual. A colección respira un espírito resort atemporal, pensado para un verán sereno, onde cada detalle adquire protagonismo.

O liño actúa como tecido vertebrador. Natural e transpirable, cunha textura lixeiramente irregular que subliña a súa autenticidade, sostén tanto a dimensión artesanal como a construción contemporánea das pezas. A súa caída lixeira achega movemento e favorece volumes orgánicos, equilibrando estrutura e fluidez. A selección de materiais responde a unha intención clara: elevar a tradición a través dunha execución técnica actual.

Entre as pezas clave destaca o xa mencionado vestido midi asimétrico, fluído e etéreo, que concentra a esencia do proxecto nunha silueta versátil e sofisticada. E pezas como os tops halter (creados a partir de panos e fruncidos) reinterpretan códigos lenceiros desde o traballo manual. O pantalón longo e o short introducen volumes cómodos cun aire mediterráneo, enriquecidos por aplicacións de encaixe nos baixos que achegan contraste e definición.

A cápsula complétase cun bralette e accesorios como bandana, coleiteiro e bolso, deseñados para integrar o universo craft no styling diario. Unha camiseta con gráfico fotográfico, confeccionada en Portugal, introduce un contrapunto contemporáneo e amplía a narrativa artesanal cara a unha dimensión máis urbana.

Camariñas é unha oda á identidade viva: unha colección que reivindica o valor do oficio desde o presente e que propón pezas con historia, lixeireza e autenticidade.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La Autoridad Portuaria de A Coruña presenta su Huella Ambiental 2026

Siguiente

Galicia Fest llega a Vigo el 26 y 27 de junio

David

David

Relacionado Entradas

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres
#Destacado

Medalla de Ouro de Galicia 2026 para catro mulleres

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo
#Destacado

Abren ao tráfico os novos 3,5 quilómetros entre A Ramallosa e Pontevea, no municipio de Teo

O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña que se desenvolverá en agosto e setembro
#Destacado

O Concello de Lugo reforza Tarde Tardiña que se desenvolverá en agosto e setembro

Preto de 220 deportistas participarán no XXIV Tríatlon Cidade de Ferrol
#Destacado

Preto de 220 deportistas participarán no XXIV Tríatlon Cidade de Ferrol

Culleredo presenta la XI edición del Festival Castelo Conta
A Coruña

Culleredo presenta la XI edición del Festival Castelo Conta

Alejandro Sanz llega este sábado a A Coruña: horarios, accesos, entradas, hoteles y todo lo que debes saber
#Destacado

Alejandro Sanz llega este sábado a A Coruña: horarios, accesos, entradas, hoteles y todo lo que debes saber

Siguiente
Galicia Fest llega a Vigo el 26 y 27 de junio

Galicia Fest llega a Vigo el 26 y 27 de junio

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 22/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano

As Festas de Santa Ana animan Cedeira con actividades para toda a familia

As Festas de Santa Ana animan Cedeira con actividades para toda a familia

Abierto el período de inscripciones para poder participar en las actividades de la Fiesta de la Anunciada 2026

Abierto el período de inscripciones para poder participar en las actividades de la Fiesta de la Anunciada 2026

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.