O 112 Galicia foi coñecedor deste incidente arredor das 18:30 horas. Segundo indicou un particular, unha persoa quedara coa perna atrapada polo tractor, no lugar de Froxil, en Ardemil.
Rapidamente, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago.
Tamén acudiron ata o puntos os bombeiros de Ordes, aínda que cando chegaron a vítima xa fora liberada por uns particulares. O ferido foi finalmente trasladado a bordo do helicóptero.
Cómpre mencionar que neste operativo tamén participou a Garda Civil e a Policía Local.













