A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión co presidente de la Federación Gallega de Comercio, José María Seijas, e lle informou que, tal e como se comprometera, convocará a Mesa Local de Comercio para o próximo 9 de xuño, recuperando así un órgano de participación e coordinación que non se reunía dende o ano 2021.
Elena Candia explicou que o obxectivo é reactivar un espazo estable de diálogo entre a administración local e o pequeno comercio co fin de coñecer de primeira man as necesidades, problemáticas e ámbitos de mellora
A alcaldesa tamén explicou que se traballará en impulsar un Plan de Acción permanente de apoio ao sector, ao considerar o comercio local como unha prioridade dentro do proxecto de cidade do actual executivo.
“O desenvolvemento económico e social dunha cidade pasa tamén por reter o talento local e apoiar aos negocios que dan vida ás nosas rúas”, indicou Elena Candia, quen incidiu na necesidade de fomentar políticas que atraian á cidadanía ao comercio de proximidade, “onde a atención personalizada e a relación directa co cliente seguen sendo un valor diferencial”.
“Queremos abrir unha vía de comunicación permanente e útil co sector para traballar de forma coordinada en medidas que axuden a fortalecer o comercio local e a dinamización económica da cidade”, sinalou a alcaldesa.













