• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Lugo inicia os trámites para solicitar a instalación de cámaras de videovixilancia na contorna de locais conflitivos da Milagrosa

A decisión, que dá continuidade ao plan impulsado polo Goberno local para reforzar a seguridade cidadá e a convivencia está avalada polos informes da Policía Local, da Policía Nacional e da Asesoría Xurídica municipal

David Por David
24/07/2026
en #Destacado, Lugo
0
Lugo inicia os trámites para solicitar a instalación de cámaras de videovixilancia na contorna de locais conflitivos da Milagrosa
FacebookXWhatsApp

A seguridade cidadá é unha prioridade para este Goberno. Desde o primeiro día asumimos o compromiso de impulsar medidas concretas para mellorar a convivencia e ofrecer á Policía Local máis medios para desenvolver o seu traballo con maior eficacia. 

Nesa liña, o Goberno local recuperou a Mesa Permanente de Seguridade da Policía Local, como órgano de análise e seguimento das incidencias na cidade; impulsou a incorporación de novos efectivos mediante a Oferta Pública de Emprego e as prazas de mobilidade, co obxectivo de reducir os tempos de incorporación dos axentes no cadro de persoal. 

Un paso máis 

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, anunciou o inicio dos trámites para solicitar a autorización necesaria para instalar cámaras de videovixilancia na contorna dos locais conflitivos da zona da Milagrosa.

A iniciativa non responde a unha decisión discrecional do Goberno, senón que está avalada polos informes técnicos incorporados ao expediente, elaborados pola Policía Local e pola Policía Nacional, aos que se suma o informe emitido pola Asesoría Xurídica municipal. 

Neste sentido, o informe da Asesoría Xurídica recolle expresamente que «dos informes que constan no expediente emitidos polos máximos responsables da Policía Nacional e Local despréndese a existencia dun repunte na actividade delictiva nalgunha zona concreta e identificada da cidade de Lugo e a necesidade e conveniencia da instalación de cámaras de videovixilancia como medida, en primeiro lugar preventiva en materia de seguridade cidadá e tamén como favorecedora da investigación dos feitos delituosos». 

O mesmo informe lembra que esta actuación se atopa regulada pola Lei Orgánica 4/1997, que contempla a utilización de videocámaras polas Forzas e Corpos de Seguridade en lugares públicos para garantir a convivencia cidadá, o uso pacífico dos espazos públicos e a prevención de delitos e infraccións vinculadas á seguridade pública. Ademais, precisa que «non estamos ante unha simple videovixilancia patrimonial ou de edificios municipais, senón ante videovixilancia policial en espazo público», polo que a instalación require a correspondente autorización da Delegación do Goberno. 

Por tanto o Concello remitirá a solicitude á Subdelegación do Goberno, administración competente para tramitar e resolver esta autorización conforme ao procedemento establecido na normativa vixente.

Elena Candia destacou que «o noso compromiso é seguir adoptando medidas útiles e eficaces para reforzar a seguridade cidadá e a convivencia, sempre con base en criterios técnicos, dentro da legalidade e dotando á Policía Local das ferramentas necesarias para desenvolver o seu traballo nas mellores condicións».

ShareTweetSend
Publicación anterior

Ourense recibe ao equipo Máster Feminino de Atletismo do Club Deportivo A Purísima

Siguiente

A Coruña promove a observación segura da eclipse do 12 de agosto, coa repartición de caixas automontables nas sesións infantís do Planetario

David

David

Relacionado Entradas

O programa Vigo Emprende reforza o apoio a autónomos e empresas
#Destacado

Galicia gana protagonismo como destino atlántico más deseado para viajar este otoño

Abre el plazo para el curso básico de auxiliares de Policía Local en Galicia
#Destacado

Galicia consolida a súa posición como a segunda comunidade máis segura de España

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Siguiente
A Coruña promove a observación segura da eclipse do 12 de agosto, coa repartición de caixas automontables nas sesións infantís do Planetario

A Coruña promove a observación segura da eclipse do 12 de agosto, coa repartición de caixas automontables nas sesións infantís do Planetario

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Programación de Hoy

Jueves 17/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.