• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O San Xoán da Coruña contará cunha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor

O Concello promove unha campaña de concienciación e limpeza das praias, coa colaboración de Champi Muros e Blondie Muser

David Por David
05/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
O San Xoán da Coruña contará cunha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor
FacebookXWhatsApp

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá San Xoán, festa de interese turístico internacional, no Palacio de María Pita. Fíxoo acompañada do autor do cartel deste ano, o ilustrador e cineasta coruñés Alberto Vázquez, e o creador de contido Champi Muros.

Alberto Vázquez foi o encargado de realizar o deseño do cartel deste ano. A ilustración presenta unha sardiña en primeiro termo, representación simbólica da festa. O lume, a auga e a cidade están representadas cunha gama de cor que lembra ás cores do lume. «A gran sardiña converte a festa en algo ancestral, como algo antigo que desperta na cidade e iso enlaza ben co San Xoán como rito de purificación, superstición e cambio de estación», sinala o autor. A cidade e as praias represéntanse en segundo termo, xunto coas fogueiras e a multitude nos areais.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que se levará a cabo unha intensa campaña de concienciación de cara á Noite Meiga para reducir o número de residuos acumulados nas praias e nas rúas. Por unha banda, o Concello colaborará cos creadores de contido Santiago Caamaño (Champi Muros) e Paula Vilaboy (Blondie Muser), que publicarán vídeos en redes sociais para promover un comportamento cívico durante a festa.

A este respecto, Inés Rey anunciou que este ano se levará a cabo unha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor. Terá lugar no treito de area entre as Escravas e o Playa Club, dividindo o espazo en parcelas. As entidades e asociacións que o desexen poderán solicitar dito espazo e serán responsables da súa limpeza e coidado, tendo que deixalo recollido ao abandonar a praia. «Deste xeito, queremos buscar unha solución tanto á cuestión das parcelas, que moitas veces xera conflitos innecesarios, como ao da limpeza, comprometendo a cada entidade solicitante coa recollida dos seus residuos», indicou Rey, que tamén sinalou que, en función do resultado desta proba, estudiarase a súa ampliación en próximos anos a outras partes dos areais.

Como é habitual, levarase a cabo unha campaña de accións co obxectivo de manter as praias limpas. Repartirase madeira en diferentes puntos, que será a única que se poida empregar para prender as fogueiras. En total repartiranse 120 toneladas de madeira limpa que será distribuida a través de 14 puntos de reparto situados nos areais. Tamén haberá un reforzo dos contedores, tanto nas praias como en puntos de moita afluencia nos barrios. Levaranse tamén a cabo campañas co obxectivo de evitar a acumulación de envases e vidros nas praias, con sorteo de regalos para aquelas persoas que depositen envases nos contedores. Ademais, este ano o Concello contará tamén coa colaboración das asociacións Galicia de Noite e España de Noche, coas que se levará a cabo unha campaña de concienciación para promover condutas cívicas e responsables durante a noite de San Xoán en todos os espazos, sobre todo nos locais de hostalería e ocio nocturno.

Haberá, como é habitual, puntos violeta repartidos polo Paseo Marítimo, que ofrecerán información e recollerán denuncias de posibles condutas violentas contra as mulleres. «Con esta iniciativa contribuímos a evitar a violencia sexual nunha celebración masiva, que congrega na cidade e as súas praias a case 200.000 persoas», indicou Inés Rey.

Programación cultural e bando municipal

A alcaldesa tamén anunciou que nos vindeiros días se publicará o bando municipal do San Xoán, que regula as actividades propias desta celebración, como sardiñadas e churrascadas, e que tamén especifica os espazos nos que non estará permitido prender lume durante a noite do 23 de xuño.

Por outra banda, desde o 17 de xuño celebrarase nos diferentes barrios a Ruada das Xoubas, un programa de actuacións para todos os públicos que pasará por todos os barrios da cidade. Trátase dunha iniciativa de artes escénicas para todos os públicos formada por compañías vencelladas á Coruña e que percorrerá os distintos barrios con teatro, música, danza, maxia ou narración oral.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Elena Candia traslada á subdelegada do Goberno as principais prioridades de Lugo

Siguiente

Baiona modernizará la Estación de Tratamiento de Agua Potable

David

David

Relacionado Entradas

1 de cada 2 españoles afirma que el coche es el mayor gasto de su economía familiar
#Destacado

1 de cada 2 españoles afirma que el coche es el mayor gasto de su economía familiar

O PPdeG reclama una reforma urgente del Reglamento de Aguas Profundas para excluir al palangre de la prohibición de pesca de fondo
#Destacado

O PPdeG reclama una reforma urgente del Reglamento de Aguas Profundas para excluir al palangre de la prohibición de pesca de fondo

Rueda destaca que el nuevo curso escolar comienza con récord de docentes
#Destacado

Rueda destaca que el nuevo curso escolar comienza con récord de docentes

Lugo avanza na reordenación do tráfico e da mobilidade no entorno de Ramón Ferreiro
#Destacado

Lugo avanza na reordenación do tráfico e da mobilidade no entorno de Ramón Ferreiro

Vigo retoma o 14 de setembro os talleres do programa “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”
#Destacado

Vigo retoma o 14 de setembro os talleres do programa “Vigo, cidade amiga das persoas maiores”

A Deputación da Coruña publica “Quen conduce o Estado”
#Destacado

A Deputación da Coruña publica “Quen conduce o Estado”

Siguiente
Baiona modernizará la Estación de Tratamiento de Agua Potable

Baiona modernizará la Estación de Tratamiento de Agua Potable

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Viernes 11/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.