• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A calor extrema supón un risco laboral estrutural no sector da construción

Nos meses de verán nas provincias de Ourense e Lugo

David Por David
22/06/2026
en Sociedad
0
A calor extrema supón un risco laboral estrutural no sector da construción
FacebookXWhatsApp

Comisións Obreiras (CCOO) presentou hoxe en conferencia de prensa unha campaña de prevención dos riscos derivados da calor extrema nos centros de traballo e reclamou reforzar a negociación colectiva para garantir a protección da saúde das persoas traballadoras fronte a fenómenos meteorolóxicos cada vez máis frecuentes e intensos. «Fronte ao sol: sombra, auga fría e xornada reducida» é o lema da iniciativa do sindicato, dada a coñecer publicamente en Ourense por ser onde se rexistran as temperaturas máis elevadas; no verán de 2025 alcanzáronse os 42,9 graos en xuño, un récord histórico para ese mes, e superáronse novamente os 40 graos en xullo e agosto.

Perante os medios de comunicación interviñeron Alejandra Gesto, secretaria xeral de CCOO-Hábitat de Galicia; Carmen Villar, secretaria de Saúde Laboral desta federación; e Aida Suárez, secretaria estatal de Saúde Laboral e Política Enerxética de CCOO-Hábitat. Durante o acto, advertiron de que adaptar o traballo ao cambio climático «xa non é unha opción, senón unha obriga legal, social e ética». Así mesmo, subliñaron que as altas temperaturas afectan a catro de cada dez persoas traballadoras no Estado, nun contexto en que só o 8 % das empresas conta con plans específicos de actuación fronte a fenómenos meteorolóxicos adversos.

O aviso laranxa obriga a adoptar medidas

Na conferencia de prensa, o sindicato puxo o foco na situación de Galicia, onde o pasado verán houbo dúas importantes vagas de calor. A primeira desenvolveuse entre o 18 de xuño e o 4 de xullo, mentres que a segunda se prolongou durante 16 días consecutivos, do 3 ao 18 de agosto. Segundo o rexistro de alertas elaborado por CCOO-Hábitat a partir dos avisos da AEMET, Ourense foi a provincia galega que máis días acumulou con aviso laranxa, rexistrándose un total de 18 en toda a comunidade autónoma.

CCOO lembrou que o Real decreto lei 4/2023 establece medidas obrigatorias nos traballos ao aire libre en función dos avisos meteorolóxicos. Así, o aviso laranxa obriga a adaptar ou reducir a xornada laboral, mentres que o aviso vermello implica a prohibición das tarefas de risco.

Crecente impacto da calor extrema

O sindicato tamén alertou do crecente impacto sanitario da calor extrema. As defuncións atribuíbles ao exceso de calor na época estival pasaron en Galicia de 203 en 2024 a 397 en 2025, o que supón un incremento do 95,6 %. CCOO advertiu de que os efectos das altas temperaturas van moito máis alá dos golpes de calor, xa que a exposición prolongada incrementa a sinistralidade laboral e agrava patoloxías cardiovasculares e respiratorias. De feito, segundo o Informe do Plan nacional de actuacións preventivas dos efectos do exceso de temperaturas sobre a saúde, en Galicia non se rexistrou ningún falecemento por golpe de calor en 2025, un dato que confirma que o verdadeiro risco non reside nos episodios máis visibles, senón nesa mortalidade menos evidente.

Os sectores encadrados na Federación do Hábitat de CCOO figuran entre os máis expostos a esta situación, ao desenvolveren boa parte da súa actividade ao aire libre ou xunta focos de calor. É o caso da construción ou das actividades forestais, ámbitos en que o traballo á intemperie agrava os efectos das altas temperaturas e nos que o sindicato concentra a súa acción preventiva e a reivindicación de protocolos específicos na negociación colectiva.

No ámbito da construción, a propia base de datos de CCOO-Hábitat rexistrou cinco falecementos por accidente laboral en Galicia entre xaneiro e maio de 2026. A esta sinistralidade do sector súmase a do conxunto da actividade laboral: segundo o avance do Ministerio de Traballo e Economía Social, entre xaneiro e abril de 2026 contabilizáronse en Galicia 9394 accidentes de traballo, catorce deles mortais, dos que 1006 corresponderon á provincia de Ourense, con dúas vítimas mortais.

CCOO lembrou igualmente que, en situacións de calor extrema, as empresas teñen a obriga de adaptar horarios, reorganizar tarefas e reducir a exposición durante as horas de maior risco, amais de garantir auga potable, zonas de descanso e sombra, ventilación adecuada e equipamentos de protección adaptados ás condicións ambientais. O sindicato insistiu en que a adaptación da xornada durante os días de alerta non é unha recomendación, senón unha obriga legal, e reclamou que a calor sexa tratada como un risco laboral estrutural en Galicia.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Camiño de Santiago incorpora o AlertCops á Credencial do Peregrino

Siguiente

As Neves acolle a XX Festa do Tinto Rías Baixas

David

David

Relacionado Entradas

Vigo proyecta 1.454 viviendas y decenas de vecinos están en alerta por las expropiaciones
#Destacado

Vigo proyecta 1.454 viviendas y decenas de vecinos están en alerta por las expropiaciones

84 años, 62 conduciendo y ninguna multa: un radar de Carral acaba con su récord
#Destacado

84 años, 62 conduciendo y ninguna multa: un radar de Carral acaba con su récord

La Audiencia de A Coruña condena a seis años y medio de cárcel a un conductor por embestir el coche de su expareja
#Destacado

La Audiencia de A Coruña condena a seis años y medio de cárcel a un conductor por embestir el coche de su expareja

Ricardo López explica en Radio Líder los derechos de los trabajadores inmigrantes y los conflictos laborales más complejos
#Destacado

Ricardo López explica en Radio Líder los derechos de los trabajadores inmigrantes y los conflictos laborales más complejos

Vigo ofrece 75 puestos de trabajo con Vigo Emprega 2026: estos son los perfiles que busca el Concello
#Destacado

Vigo ofrece 75 puestos de trabajo con Vigo Emprega 2026: estos son los perfiles que busca el Concello

Radio Líder te lo explica: cómo conseguir hasta 15.000 euros para comprar una vivienda en Galicia
#Destacado

Radio Líder te lo explica: cómo conseguir hasta 15.000 euros para comprar una vivienda en Galicia

Siguiente
As Neves acolle a XX Festa do Tinto Rías Baixas

As Neves acolle a XX Festa do Tinto Rías Baixas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Lunes 21/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Radio Líder refuerza sus tardes con Marcos Magán y Fernando González Macías

Radio Líder refuerza sus tardes con Marcos Magán y Fernando González Macías

Prende fuego al colchón de un hombre mientras dormía en Vigo y un taxista evita una tragedia: hay un detenido

Prende fuego al colchón de un hombre mientras dormía en Vigo y un taxista evita una tragedia: hay un detenido

Vigo proyecta 1.454 viviendas y decenas de vecinos están en alerta por las expropiaciones

Vigo proyecta 1.454 viviendas y decenas de vecinos están en alerta por las expropiaciones

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.