• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

BiciCoruña superou en maio a barreira dos 10.000 usos nun só día

David Por David
04/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
BiciCoruña superou en maio a barreira dos 10.000 usos nun só día
FacebookXWhatsApp

O servizo municipal BiciCoruña segue a consolidarse como unha das prestacións máis utilizadas pola cidadanía, tal e como indica o informe parcial do primeiro cuadrimestre do 2026. O documento recolle que entre xaneiro e abril deste ano xa se completaron 714.630 viaxes, un total de case 6.000 usos diarios, co que se supera a media do ano 2025 -que tamén marcou un récord histórico-, situada en 4.742 usos diarios.

«Hoxe xusto é o Día da Bici, e é unha ocasión inmellorable para recordar que xa non se pode entender A Coruña sen este medio de transporte. O Goberno municipal fixo unha aposta clara e contundente por un modelo que potencia e facilita a mobilidade sostible. Grazas a BiciCoruña somos unha cidade máis verde. E as cifras son claras, a cidadanía quere que siga a crecer. O noso modelo funciona moi ben e funciona para todos e todas», subliñou a alcaldesa, Inés Rey.

Ademais, o persoal profesional do servizo adiantou que en dous días do mes de maio superouse por primeira vez a barreira dos 10.000 usos nun só día. Foron o 22 e o 27 de maio, con 10.079 e 10.016 viaxes respectivamente. Abril xa acabou moi preto de chegar a esta cifra, cun pico o día 30 que marcou 9.892 traxectos.

Todos os indicadores apuntan cara ao crecemento exponencial da rede. O mes de abril, por exemplo, marcou o punto de maior actividade de toda a serie histórica. 228.182 usos e 7.606 traxectos diarios. Por poñer en contexto a magnitude das cifras, en abril do 2025 os usos foron 112.553, 3.752 diarios. Isto supón un incremento de máis do 50%.

A fecha de 30 de abril deste ano estaban activos no servizo 18.431 persoas usuarias. Esta gran demanda vai aparellada dun gran despregamento loxístico por parte do Concello. Actualmente, están operativas 79 estacións, 1.462 ancoraxes, e 650-660 bicicletas, 410 con apoio ao pedaleo.

As paradas con maior actividade foron, nesta orde:

  • Praza de Pontevedra: 33.386 devolucións e 30.869 inicios de traxecto
  • Porta Real: 29.633 devolucións e 26.832 inicios de traxecto
  • Casa da Auga: 28.311 devolucións e 26.074 inicios de traxecto
  • Praza de Tabacos: 22.518 devolucións e 20.943 inicios de traxecto
  • Casa do Sol: 20.718 devolucións e 20.033 inicios de traxecto

Sen excepción, todos os meses de 2026 marcaron o novo récord da serie histórica respecto aos mesmos períodos dos anos anteriores. Así, xaneiro pasou dos 84.769 usos do ano pasado aos 128.927 deste. Febreiro, de 96.498 a 144.600. Marzo, de 103.970 a 212.921, e abril, de 112.553 a 228.182. «É un éxito e é un orgullo. A mostra de que, cando as cousas se fan ben, a xente responde. A Coruña é, cada vez máis, unha cidade que se pode pedalear de punta a punta», engadiu Inés Rey.

O impacto positivo no medio ambiente de BiciCoruña tamén é palpable. As estimacións apuntan que nestes catro meses de 2026 deixaron de emitirse á atmosfera uns 353.234 kg de CO2, ademais do impacto positivo que ten ao diminuír a contaminación acústica.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Concello de Lugo oferta 440 prazas nas Aulas Abertas de Verán

Siguiente

Vimianzo celebra a segunda edición das Olimpíadas de Xogos Tradicionais

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
Vimianzo celebra a segunda edición das Olimpíadas de Xogos Tradicionais

Vimianzo celebra a segunda edición das Olimpíadas de Xogos Tradicionais

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Programación de Hoy

Miércoles 16/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.