• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

BNG leva ao Senado a demanda dunha reforma integral da N-541 en Cerdedo Cotobade

Carme da Silva Méndez defenderá a iniciativa na Comisión de Transportes e Mobilidade Sustentábel a vindeira segunda feira, luns, 18 de maio

David Por David
14/05/2026
en Política
0
BNG leva ao Senado a demanda dunha reforma integral da N-541 en Cerdedo Cotobade
FacebookXWhatsApp

O Bloque Nacionalista Galego levará á Comisión de Transportes e Mobilidade Sustentábel do Senado unha iniciativa para reclamar ao Goberno do Estado unha reforma integral da N-541 ao seu paso polo concello de Cerdedo Cotobade, co obxectivo de mellorar de maneira urxente a seguranza viaria nun dos tramos máis perigosos do Estado.

A moción será debatida a vindeira segunda feira, 18 de maio, e defendida pola senadora do BNG Carme da Silva Méndez, quen buscará o apoio do resto dos grupos para impulsar actuacións “reais e definitivas” nun vial que leva anos acumulando accidentes e reclamacións veciñais sen resposta suficiente por parte do Ministerio.

A senadora do BNG lembra que a N-541 figura reiteradamente entre as estradas con maior risco de sinistralidade do Estado debido ao seu trazado sinuoso, á intensidade do tráfico e á ausencia de medidas integrais de seguranza. Denuncia, ademais, que os sucesivos gobernos teñen optado por actuacións puntuais “claramente insuficientes” frente á necesidade dunha intervención global.

Na súa iniciativa, o BNG reclama, en primeiro lugar, a realización dunha auditoría integral da seguranza viaria da N-541 ao seu paso por Cerdedo Cotobade para identificar todas as deficiencias existentes e planificar actuacións permanentes que garantan a seguranza das persoas usuarias e da veciñanza.

A moción inclúe tamén un paquete de medidas concretas demandadas historicamente polos veciños e veciñas da zona, entre as que destacan a reposición integral do asfaltado con firme antideslizante e mellora dos peraltes das curvas, a instalación de medidas de acougado do tráfico na entrada de Cerdedo e unha mellora xeral da iluminación nos treitos máis perigosos da vía.

Carme da Silva Méndez solicita igualmente a construción dunha pasarela peonil en Calvelo para permitir cruzar a estrada con seguridade, así como un carril de incorporación no punto quilométrico 84, dirección Ourense, a urbanización da contorna da marquesiña e a creación dunha vía ciclista e peonil até o río Tenorio.

Entre as actuacións reclamadas polo BNG, recollidas das demandas veciñais, figura tamén a execución dun paso inferior peonil en Tenorio para conectar o Centro de Saúde coa farmacia, a mellora dos accesos a Cutián e ao lugar de Cádavo, así como a adaptación da N-541 como travesía ao seu paso polos diferentes núcleos de poboación do municipio.

Para o BNG, “non se pode seguir actuando con pequenas reparacións temporais nunha estrada que acumula accidentes graves e onde existe unha demanda social e institucional clara para acometer unha reforma integral”. A formación nacionalista considera que as actuacións propostas “non supoñen investimentos desproporcionados” e permitirían mellorar de maneira significativa a seguranza viaria e a calidade de vida da veciñanza.

ShareTweetSend
Publicación anterior

PAU cómo gestionar el estrés ante un momento decisivo para miles de estudiantes

Siguiente

Unha persoa excarcelada o chocar dous vehículos en Dumbría

David

David

Relacionado Entradas

Romaria PopularPP_Santiago
#Destacado

PP Santiago: Borja Verea prepara el cambio frente al BNG

Alfonso Rueda
#Destacado

Rueda anuncia en A Coruña nuevas medidas para empresas y un plan de 45 millones contra las bajas laborales

ines rey candidata del PSOE a la alcaldía de coruna
#Destacado

“Quién es Inés Rey: de abogada y militante socialista a alcaldesa de A Coruña y candidata para 2027”

a Pontón e candidatxs cidades
#Destacado

O BNG pon o foco nas sete cidades e fixa como obxectivo ampliar as súas alcaldías en 2027

Alfonso Rueda
#Destacado

Rueda anuncia máis de 3,6 millóns en axudas para agricultores e gandeiros galegos polo aumento do gasóleo e dos fertilizantes

Miguel Lorenzo PPdeG
#Destacado

Quién es Miguel Lorenzo, candidato del PP a la Alcaldía de A Coruña

Siguiente
Estabilizados los incendios de Ponteareas y Carballo

Unha persoa excarcelada o chocar dous vehículos en Dumbría

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Lunes 05/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

manifestacion vivienda vigo

Vigo ejecuta cuatro desahucios a la semana: la mayoría son por no poder pagar el alquiler

tren avril talgo

Los trenes Avril llegan al Eje Atlántico: así cambiarán los viajes entre Vigo, Santiago y A Coruña desde el 15 de octubre

bloque viviendas galici

El mapa de la vivienda en Galicia: el 40 % está en manos de propietarios con varias casas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.