Unha persoa foi excarcerada polos Bombeiros de Cee tras colidir co seu coche contra outro no quilómetro 83 da AC-552, en Bustelo (Salgueiros). Foi posteriormente trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira.
Ao fío das 7 horas, un particular sinalou ao 112 Galicia que o ocupante dun dos vehículos conseguira saír pola ventá, e solicitaba asistencia sanitaria para un dos implicados.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Cee, os voluntarios de Protección Civil de Dumbría e os servizos de mantemento da estrada.
Os bombeiros liberaron un dos implicados, que estaba atrapado no interior do seu vehículo, tralo que foi atendido polo persoal da ambulancia.













