• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG defende a votación da Lei de Transferencia para lograr unha AP-9 libre de peaxes

Contrapón a utilidade do Bloque na defensa do País en Madrid ao PP do 'Non a Galiza' que, por riba, se alía con VOX: "Esperpéntico e vergoñento"

David Por David
22/06/2026
en #Destacado, GALICIA
0
O BNG defende a votación da Lei de Transferencia para lograr unha AP-9 libre de peaxes
FacebookXWhatsApp

A portavoz nacional, Ana Pontón, reivindicou o traballo do BNG ao longo dos últimos anos para conseguir unha AP-9 galega e libre de peaxes, un obxectivo que terá un gran avance coa votación da Lei de Transferencia este xoves no Congreso.

 

«Coa votación da Lei de Transferencia este xoves no Congreso damos un gran paso adiante para conseguir unha AP-9 galega e facémolo grazas ao BNG e a pesar do Partido Popular de Rueda, que volve traizoar a Galiza votando en contra», recalcou nunha rolda de prensa na que evidenciou como o PP volve a demostrar que é «o Partido Popular do ‘Non’ a Galiza'». «Desta vez de ganchete con Vox, unha auténtica vergoña e un esperpento», sintetizou.

 

Pontón recordou que foi o BNG quen elaborou e impulsou a primeira Lei de Transferencia da AP-9 aprobada no Parlamento -sen tirar nunca a toalla porque se tiveron que aprobar até cinco textos lexislativos para enviar ao Congreso- e tamén a forza política que traballou no ámbito social, «man a man con miles de galegos e galegas», fartas dunhas peaxes que «son unha auténtica estafa legalizada» que está lastrando as economías familiares e que inciden negativamente na competitividade das empresas galegas.

 

Neste traballo de anos cara a unha autoestrada galega e libre de peaxes, o Bloque tamén conseguiu a través do acordo de investidura co Partido Socialista «bonificacións históricas» nas peaxes que posibilitan a miles de galegos e galegas pagar «moitísimo menos» por esas taxas, afondou a líder nacionalista, quen recordou que, en todo caso, o obxectivo segue a ser «conseguir unha AP-9 libre de peaxes».

 

«Todo isto fixémolo porque nós debémonos a Galiza, aos galegos e ás galegas», recalcou, para subliñar a continuación que o BNG nunca deixou de pelexar por unha AP-9 galega e libre de peaxes, obxectivo cara ao que se dará «un paso importante» coa aprobación no Congreso da Lei de Transferencia.

 

Neste sentido, recalcou que o debate da AP-9 «deixa claro que o BNG é a voz de Galiza en Madrid», a única forza que «nunca se equivoca de bando» porque non ten máis bando que o de Galiza e o dos galegos e das galegas, «goberne quen goberne en Madrid».

 

Pontón recordou que «a estafa da AP-9» é responsabilidade do bipartidisimo, primeiro do PSOE de Felipe González e despois do PP de José María Aznar, que decidiu ampliar 25 anos a concesión «e non contento con isto, decidiu privatizala a prezo de saldo», coa conivencia do «Partido Popular en Galiza», advertiu.

 

A oposición do PP á transferencia da autoestrada agora no Congreso, alegou, confirma que a palabra de Rueda «non vale nada», xa que di querer o traspaso pero logo o boicotea «con escusas de mal pagador» demostrando que «só estaba enganando á cidadanía e facendo da AP-9 un elemento máis desa oposición cutre que lle marca Génova».

 

Unha posición que tamén confirma a «inutilidade do Partido Popular» para defender Galiza en Madrid porque, argumentou, «Rueda pon os intereses do PP por diante dos do País». «Non quere máis competencias e prefire que decidan por nós desde Madrid para que gañe Madrid e perda Galiza», resumiu.

 

A líder nacionalista lamentou que «o PP do ‘Non’ a Galiza» non soporte a comparación entre a súa incapacidade para conseguir nada e un BNG que é útil para defender os intereses dos galegos e das galegas, de aí que boicotee a transferencia da AP-9 como segue boicoteando a rebaixa de 4.000 millóns de euros na débeda pública galega, que tamén acadou o Bloque.

 

«Como o consigue o BNG, actúa como o can do hortelano, nin come, nin deixa comer», afirmou Pontón, quen pediu a Rueda que explique á cidadanía por que o PP vai vontar en contra do traspaso da autoestrada nunha nova traizón a Galiza e por que antepón os seus intereses partidistas aos dos galegos e galegas.

 

A portavoz nacional recordou neste punto que o acordo do BNG co Goberno central recolle os elementos esenciais do acordo do Parlamento galego, xa que inclúe a transferencia da titularidade da AP-9, todas as competencias na xestión da infraestrutura -incluída a posibilidade de novas bonificacións-, así como que o Estado é responsable economicamente de todas as decisións que adoptou sobre ela.

 

«É dicir, que o Estado ten que transferir todos os recursos que neste momento custan as bonificacións que ten a AP-9 e que tamén, no caso de que, e esperemos que así sexa, o Tribunal Europeo verifique que a concesión se fixo en fraude de lei, é o Estado quen ten que pagar polo rescate da autoestrada», recalcou.

 

Nesta liña, indicou que a proposta de transferencia tamén respecta o autogoberno de Galiza, xa que a concreción da mesma terá que facerse na Comisión Mixta de Transferencias e, polo tanto, o Goberno do PP é que ten que negociar nesa comisión como se concreta o que se aprobe na lei.

 

Pontón recordou que se non fose pola prórroga ilegal concedida polo goberno de Aznar até 2048, hoxe os galegos e as galegas xa levarían anos circulando por unha AP-9 libre de peaxes. «Seguimos pagando esta estafa por responsabilidade do Partido Popular, o Partido Popular da traizón a Galiza», afirmou, para dirixirlle unha pregunta moi clara a Rueda.

 

«Cando este xoves o Congreso aprobe a Lei de Transferencia da AP-9, que vai facer o presidente da Xunta? Vai dicir que non a quere e boicoteala? Vai a rexeitala como está rexeitando a quita de 4.000 millóns da débeda pública de Galiza negociada polo BNG? Seguirá instalado no seu ‘Non’ a Galiza traizoando a este País?», cuestionou, para indicar que isto é o que ten que explicar aos galegos e galegas e concluír pedindo a Rueda que «rectifique» e que este xoves vote a favor da transferencia da AP-9 «porque é evidente que este é un gran paso para este País».

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

La huelga de la alimentación agita Galicia en vísperas de San Juan

Siguiente

O Camiño de Santiago incorpora o AlertCops á Credencial do Peregrino

David

David

Relacionado Entradas

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo
#Destacado

Dos personas fallecen al chocar con su vehículo contra una furgoneta de mantenimiento en la A-6 a su paso por Lugo

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano
#Destacado

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber
#Destacado

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia
#Destacado

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia

Cine Na Rúa nos entornos rurais de Lugo durante todo Agosto
#Destacado

Cine Na Rúa nos entornos rurais de Lugo durante todo Agosto

Las nuevas líneas de autobús de Ourense crecen en usuarios
#Destacado

A Mesa de Contratación analizará catro posibles causas de exclusión das ofertas ao contrato do servizo de autobuses urbanos

Siguiente
O Camiño de Santiago incorpora o AlertCops á Credencial do Peregrino

O Camiño de Santiago incorpora o AlertCops á Credencial do Peregrino

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 06/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Dous operarios foron trasladados logo de sufrir unha descarga eléctrica mentres traballaban en Sanxenxo

Dos personas fallecen al chocar con su vehículo contra una furgoneta de mantenimiento en la A-6 a su paso por Lugo

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber

O Marisquiño 2026 en Vigo: programa completo, horarios, conciertos, deportes y todo lo que debes saber

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.