O 112 Galicia foi coñecedor de dito incendio uns minutos despois das 15:00 horas. Segundo o particular que alertou, estaba a arder algo nun piso da rúa de López Mora. Víase saír fume pola fiestra.
Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e á Policía Nacional.
A dotación de bombeiros logrou sufocar o lume, que afectou á campá extractora. Ademais, dúas persoas precisaron ser trasladadas logo de inhalar fume por mor deste incidente.













